31/12/07

Cadernos de viaxe

CADERNOS DE VIAXE // CUADERNOS DE VIAJE // TRAVEL LOGS

Desculpade polas fotos, pero non quería empezar o novo ano sen facer referencia a esta publicación do 2007. Este ano andiven misturado en moitos proxectos interesantes; un deles é a creación dunha colección da que son autor, ilustrador e fotógrafo.
Son guías de viaxe orientadas para xoves. Nelas expoño unha serie de roteiros, de dous a catro días de duración. Como se fose un diario, vou inserindo textos, anotacións, fotografías e ilustracións. Como me din os meus amigos un traballo deses que "dan envexa".
Xa vos falarei máis deste proxecto, pois están en camiño dous novos libros. Así que cando teña tempo explicarei con calma o proceso de creación.
Están publicadas en galego, castelán e inglés. Que as disfrutedes.

Máis información:

AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ, e AQUÍ.


Ribeira Sacra 1


Costa da Morte 1




As linguas dos animais


Este libro o rematei de debuxar en 2006, foi publicado en abril do 2007, e o 31 de decembro fago reseña del... son un desastre;)
O conto está baseado no Carmina Burana 132, así que desta volta só fixen os debuxos. Os amantes dos animais disfrutarán con esta publicación.