15/12/08

Ausencias

Aínda que non o pareza, sigo vivo. A miña ausencia por este lugar dixital débese a sete razóns de peso.


Razón nº1: viaxe a Xapón. Alí, ademais de gozar de paisaxes e templos puiden descubrir que tamén hai PELELLIÑOS! incluso se deixaron fotografar :)
Razón nº 2: cambio de casa, e polo tanto de estudo. Nin vos podedes facer a idea da morea de libros, cómics e trebellos que podes chegar a xuntar...
Razón nº 3: internet. Ou máis ben a ausencia dela, co cambio de domicilio estou desconectado e soamente me podo conectar cando vou tomar café.
Razón nº 4: a campaña “Graffiti e letras”. Creo que xa contei algo dela en post anteriores. Resumindo, estou percorrendo toda Galiza con obradoiros en cidades e vilas.
Razón nº 5: conferencias na E.S.O. Empezou o curso e para min comezou a tempada de conferencias e visitas aos centros de estudo.
Razón nº 6: Conferencia para unhas xornadas sobre oralidade galega.
Razón nº 7: traballo, traballo, traballo. De deseño, de ilustración (xa vos contarei)...
Aunque no lo parezca, sigo vivo. Mi ausencia por el blog se debe a siete razones de peso.
Razón nº1: viaje a Japón. Allí, además de disfrutar de paisajes y templos pude descubrir que también hay PELELLIÑOS! incluso se dejaron fotografiar :)Razón nº 2: cambio de casa, y por lo tanto de estudio. Ni os podéis hacer la idea del montón de libros, cómics y cacharros de diversa índole que puedes llegar a juntar...Razón nº 3: internet. O más bien la ausencia de ella, con el cambio de domicilio estoy desconectado y solamente me puedo conectar cuándo voy a tomar café.Razón nº 4: la campaña "Graffiti y letras". Creo que ya conté algo de ella en post anteriores. Pero en resumen, estoy recorriendo Galicia realizando talleres y pintando murales.Razón nº 5: conferencias en la E.S.O. Empezó el curso y para mí comenzó la temporada de conferencias y visitas a los centros de estudio.Razón nº 6: Conferencia para unas jornadas sobre oralidad gallega.Razón nº 7: trabajo, trabajo, trabajo. De diseño, de ilustración (ya os contaré)............

3/11/08

A MONSTROESCOLA


Ola a todos, despois de moitos días sen actualizar xa estou de novo na brecha. Teño moitas novidades así que irei subindo unha por unha. A primeira é a presentación do proxecto do que xa falei en post anteriores: A MONSTROESCOLA. Un libro indicado para nenos e nenas de 8 a 100 anos :) Moitos debuxos e risas aseguradas.

Hola a todos, ya estoy aquí de nuevo después de muchos días sin actualizar. Tengo muchas novedades así que iré subiendo una por una. La primera es la presentación del proyecto que os comentaba: A MONSTROESCOLA. Un libro indicado para niños e niñas de 8 a 100 años :). Muchos dibujos y risas aseguradas.
Este é o poster do libro. Este es el poster del libro.


17/9/08

Póster Megatoxos 2


Preme na imaxe para vela máis grande. E aquí o "como se fixo" do póster.

Pulsa en la imagen para verla más grande. Y aquí el "como se hizo" del póster.

25/8/08

Próximamente...

Xa está na imprenta. Nuns días saberemos un pouco máis deste novo proxecto.

Ya está en la imprenta. En unos días tendréis más información de este nuevo proyecto.

8/8/08

Feria del libro A Coruña.

Los días 6 y 7 de agosto estuve en la feria del libro de A Coruña con un taller de ilustración. Por un despiste me olvidé de subir la noticia unos días antes del evento (perdón por el error). Prometo estar más atento, pero como estoy con los últimos retoques de mi próximo libro, tengo la cabeza en las nubes. Ya iré posteando algunas cosas sobre el en los próximos días.


Os días 6 e 7 de agosto estiven na feira do libro da Coruña cun obradoiro de ilustración. Por un descoido esquecín subir a noticia uns días antes do evento (perdón polo erro). Prometo estar máis atento, pero como estou cos últimos retoques do próximo libro, teño a cabeza nas nubes. Nestes días irei posteando algunhas cousas sobre el.

24/6/08

Promoción de la lectura

Tras muchos días sin actualizar demasiado, aquí estoy. Muchos proyectos en marcha y sobre todo muchos viajes me han tenido apartado del blog.
Un actividad que me ha tenido muy ocupado hasta junio es una campaña de promoción de la lectura. Es algo de lo que no he hablado en el blog, pero que llevo realizándolo unos 3 años. La campaña se llama "Creando personajes con Anxo Fariña" de mano del Consorcio Editorial Galego y con ella he visitado unos 120 centros de enseñanza, (desde infantil a secundaria)... Ya iré contando más acerca del tema.

Mientras tanto, un avance de uno de los proyectos en los que he estado trabajando (más Cuadernos de viaje). Un dibujo de una leyenda de los Ancares, la mujer cierva.

Tras moitos días sen actualizar demasiado, aquí estou. Moitos proxectos en marcha e sobre todo moitas viaxes tivéronme apartado do blog.
Un actividade que me tivo moi ocupado ata xuño é unha campaña de promoción da lectura. É algo do que non falei no blog, pero que levo realizándoo uns 3 anos. A campaña chámase "Creando personaxes con Anxo Fariña" de man do Consorcio Editorial Galego e con ela visitei uns 120 centros de ensino, (desde infantil a secundaria)... Xa irei contando máis sobre o tema.

Mentres tanto, un avance dun dos proxectos nos que estiven traballando (máis Cadernos de viaxe). Un debuxo dunha lenda dos Ancares, a muller cerva.

10/6/08

Palabras vs Graffiti

Durante los meses de Mayo-Junio estuve desarrollando unos talleres en el Museo Verbum de Vigo para chicos de 9 a 12 años. En ellos se dibujábamos con palabras... y escribíamos con dibujos.

Durante os meses de Maio-Xuño estiven desenvolvendo no Museo Verbum de Vigo unha serie de obradoiros para nenos de 8 a 12 anos. Neles aprendían a debuxar con palabras... e a escribir con debuxos.


28/4/08

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Xa podes mercar na túa libraría, a segunda parte do libro Os Megatoxos, titulado: Os Megatoxos e a espada esmeralda. Como sempre son o autor tanto do texto como das ilustracións.
E para os que non poden agardar, poden descargar un dos primeiros capítulos do libro de balde neste enlace:
Preme aquí
Neste outro enlace unha nova sobre a publicación:
Nova
Xa me contaredes que vos parece.
Apertas!!!

Ya está en las librerías el segundo libro de Os Megatoxos: Os Megatoxos e a espada esmeralda. Escrito en gallego, soy el autor tanto del texto como de las ilustraciones.
Podéis descargar un capítulo gratis desde este enlace:
Capítulo
Y aquí una noticia sobre la publicación.
NOTICIA
Un saludo!!!

WWW.MEGATOXOS.COM

1/3/08

O ladrón de palabras

A portada do libro.

Xa está aquí o último libro no que estiven traballando: "O ladrón de palabras". Neste conto as palabras vóvense físicas e descubriremos que teñen moita forza, e que con elas pódese facer o ben (bicicletas) ou o mal (bombas como na entrada anterior a esta). Depende da eleción da xente.

Ya está aquí mi último libro: "O ladrón de palabras". En este cuento las palabras se vuelven corpóreas y descubriremos que tiene mucha fuerza, y que con ellas se pude hacer el bien o el mal, depende de la elección de la gente.

8/2/08

O ladrón de palabras






Dentro de pouco máis de este libro que estiven rematando e xa está na imprenta.

Dentro de poco más sobre este libro en el que estuve trabajando y ya está en imprenta.

6/2/08

Salón do Libro en Pontevedra II

Algunas fotos del Salón del Libro Infantil y juvenil de Pontevedra. No posteo imágenes de los talleres, ya que en esos momentos no puedo sacar la cámara ;) Con todos los niños pendientes de mi.

Algunhas fotos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Non posteo imaxes dos obradoiros, xa que neses momentos non podo sacar a cámara ;) Con todos os nenos pendentes de min.




30/1/08

Os Megatoxos e o aprendiz de druída. 2ª edición!!!

Tal e como indica o título o libro “Os Megatoxos e o aprendiz de druída” chega a segunda edición, a si que nin vos podedes facer a idea do contento que estou. Así que para celebralo, poño unha imaxe (só unha parte para non desvelar nada) do segundo libro dos Megatoxos. Xa irei desvelando máis cousas deste novo volume.
Proximamente na librerías!!!

Tal y como indica el título mi libro "Os megatoxos e o aprendiz de druída" llega a la segunda edición, así que no os podeís imaginar lo contento que estoy.
Para celebrarlo, pongo una imagen (solo una parte para no desvelar nada) del segundo libro de los Megatoxos. Ya iré desvelando más novedades de esta nueva entrega.
Próximamente en las librerías!!!

22/1/08

Costa da Morte

Una pequeña muestra de las imágenes que podéis encontrar en los Cuadernos de Viaje. (Ver dos entradas atrás). Mezcla de fotografía y pintura.

Unha pequena mostra do que podedes atopar nos Cadernos de Viaxe. (Vera anteriores entradas). Unha mistura de fotografía e pintura.

IX Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra.

Este ano o Salón do libro de Pontevedra está adicado ao Mar.
Eu estarei por alí tanto nas “paredes” como en carne e oso. Por unha banda a organización do evento vai expoñer unha mostra do meu traballo, e pola outra convidoume a impartir uns obradoiros de ilustración para nenos e nenas.
Vémonos entre os libros. (Xa subirei unhas fotos, pois normalmente fan unhas montaxes espectaculares).
Aquí tedes o programa do Salón para descargar.

Este año el Salón del libro de Pontevedra está dedicado al Mar.
Estaré allí en dos "frentes". Por un lado impartiré unos talleres de ilustración infantil. Y por otro la organización del Salón me ha invitado a participar con una pequeña exposición de mi trabajo.
Nos vemos entre los libros.
Aquí tenéis el programa del Salón para descargar.