29/12/09

Creando historias


Este é o último proxecto de dinamización da lectura e a creación no que estiven metido estes últimos meses. Miles de quilómetros percorridos e case 100 Institutos de toda Galiza visitados. Neles impartín conferencia-obradoiro-monólogo que falaba de creatividade, libros, debuxos e letras.
Apertas a todos os profesores e alumnos que coñecín ao longo desta iniciativa.
"Creando historias con Anxo Fariña" é unha actividade inscrita dentro do programa Bocaberta da Xunta de Galicia.


Este es el último proyecto de dinamización de la lectura y creación en el que estuve ocupado estos últimos meses. Miles de kilómetros recorridos y casi 100 institutos de toda Galicia visitados. En ellos impartí una conferencia-taller-monólogo que hablaba de creatividad, libros, dibujos y letras.
Abrazos a todos los profesores y alumnos que conocí a lo largo de esta iniciativa.
"Creando historias con Anxo Fariña" es una actividad inscrita dentro del programa Bocaberta de la Xunta de Galicia.

8/12/09

Os megatoxos e os Templarios da Luz


Xa están nas librerías. Un estupendo agasallo para este nadal!

Ya están en las librerías. ¡Un regalo estupendo para las navidades!

28/9/09

Os Megatoxos e os Templarios da Luz (2)


Xa queda menos!! Lamento facer agardar tanto aos seguidores dos Megatoxos. No mes de outubro teredes nas librerías a terceira parte da saga, con importantes novidades para os personaxes principais!


Ya queda menos!! Lamento que los seguidores de la saga de los Megatoxos tuvieseis que esperar tanto. Pero ya están aquí! En el mes de octubre en las librerías! Ah, y con importantes novedades para los personajes principales.

3/8/09

No castelo de Marbel 1



Ilustracións para un conto de Bernardino Graña.

Ilustraciones para un cuento de Bernardino Graña.

3/2/09

Salón del libro 2009






Preme na imaxe para vela máis grande. Click en la imagen para ampliar


Outro ano volvo ao Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Estou por partida tripla: os meus libros no espazo de lectura, impartindo obradoiros de ilustración e cun mural (impreso en plotter). Déixovos con partes do proceso.
Vémonos entre os libros!
Otro año vuelvo al Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Estoy por partida triple: mis libros en el espacio de lectura, impartiendo talleres de ilustración y con un mural (impreso en plotter). Os dejo la secuencia del proceso.
Nos vemos entre los libros.

Pelelliños en Japón


Los niños japoneses también leen a los Pelelliños. :) (fijaos en la mano de la niña con el bolso naranja) 
Os cativos xaponeses tamén len aos Pelelliños. :) (fixádevos na man da nena co bolso laranxa)

15/1/09

Xan Loureiro



Cambio de rexistro para as ilustracións dun libro que se titula así, Xan Loureiro. Aínda que ultimamente só debuxo os libros dos que son o autor, de vez en cando fago excepcións, sobre todo en libros moi diferentes ao que adoito escribir.
Cambio de registro para las ilustraciones de un libro que se titula así, Xan Loureiro. Aunque últimamente solo dibujo los libros de los que soy autor, de vez en cuando hago excepciones, sobre todo en libros muy diferentes a lo que suelo escribir.