5/10/10

Ilustrando...



Estos son los último libros que estuve ilustrando. Ya hablé de ellos en post anteriores. En este caso los textos son de Bernardino Graña y las ilustraciones mías. Como iban a ser cuatro volúmenes de una misma colección elegí un estilo común a todas basándome en ciertos colores y formas. ¡Espero que os gusten!

Estes son os último libros que estiven a ilustrar. Xa falei deles en post anteriores. Neste caso os textos son de Bernardino Graña e as ilustracións miñas. Como ían ser catro volumes dunha mesma colección elixín un estilo común a todas baseándome en certas cores e formas. Espero que vos gusten!

9/6/10

Dibujos... de mis dibujos.








Cuando visito un Colegio o un Instituto siempre me sorprenden de mil maneras. Una de ellas es con muestras de su "arte" tomando como referencia las ilustraciones de mis libros o mis personajes. He decidido poner una pequeña muestra de lo que me voy encontrando cada vez que doy una charla o un taller. ¡Saludos!

Cando visito un Colexio ou un Instituto sempre me sorprenden de mil maneiras. Unha delas é con mostras da súa "arte" tomando como referencia as ilustracións dos meus libros ou os meus personaxes. Decidín pór unha pequena mostra do que me vou atopando cada vez que dou unha charla ou un taller. Saúdos!

20/4/10

Más libros de Bernardino Graña




Como ya comenté en anteriores ocasiones, a veces ilustro libros de otros escritores en este caso, Bernardino Graña. Es una colección de cuatro libros que se titula "Os contos do Bernardino" y está publicado por la editorial A Nosa Terra.

En anteriores post ya puse algunas de las ilustraciones, hoy subo unas pocas más.

Ya sé que hace tiempo que no escribo, pero para variar ando de un lado a otro dando charlas y conferencias y a veces me olvido del blog. Procuraré no hacerlo :)

Como xa comentei en anteriores ocasións, ás veces ilustro libros doutros escritores neste caso, Bernardino Graña. É unha colección de catro libros que se titula "Os contos do Bernardino" e está publicado pola editorial A Nosa Terra. En anteriores post xa puxen algunhas das ilustracións, hoxe subo unhas poucas máis. Xa se que hai tempo que non escribo, pero para variar ando dun lado a outro dando charlas e conferencias e ás veces esquézome do blog. Procurarei non facelo :)

7/2/10

XI Salón del Libro De Pontevedra



Un año más estaré impartiendo talleres de ilustración en este maravilloso foro que desde unos años se viene celebrando en la ciudad de Pontevedra. (+info)

Las fotos corresponden al taller del año pasado de... ¡creación de monstruos!

Un ano máis estarei a impartir obradoiros de ilustración neste marabilloso foro que desde uns anos celébrase na cidade de Pontevedra. (+info) As fotos corresponden ao obradoiro do ano pasado de... creación de monstros!


29/1/10

Un porco cun chapeu




Ilustracións para un libro escrito por Bernardino Graña, "Un porco cun chapeu".

Ilustraciones para un libro escrito por Bernardino Graña, "Un porco cun chapeu".

11/1/10

Video en la TVG

Normalmente no suelo postear notas de prensa, así que para variar os dejo un vídeo de la TVG sobre la actividad en la que estuve inmerso estos últimos meses.

Non teño o costume de postear notas de prensa, así que para variar déixovos cun video da TVG sobre a actividade na que estiven inmerso estes últimos meses.

VIDEO

29/12/09

Creando historias


Este é o último proxecto de dinamización da lectura e a creación no que estiven metido estes últimos meses. Miles de quilómetros percorridos e case 100 Institutos de toda Galiza visitados. Neles impartín conferencia-obradoiro-monólogo que falaba de creatividade, libros, debuxos e letras.
Apertas a todos os profesores e alumnos que coñecín ao longo desta iniciativa.
"Creando historias con Anxo Fariña" é unha actividade inscrita dentro do programa Bocaberta da Xunta de Galicia.


Este es el último proyecto de dinamización de la lectura y creación en el que estuve ocupado estos últimos meses. Miles de kilómetros recorridos y casi 100 institutos de toda Galicia visitados. En ellos impartí una conferencia-taller-monólogo que hablaba de creatividad, libros, dibujos y letras.
Abrazos a todos los profesores y alumnos que conocí a lo largo de esta iniciativa.
"Creando historias con Anxo Fariña" es una actividad inscrita dentro del programa Bocaberta de la Xunta de Galicia.

8/12/09

Os megatoxos e os Templarios da Luz


Xa están nas librerías. Un estupendo agasallo para este nadal!

Ya están en las librerías. ¡Un regalo estupendo para las navidades!

28/9/09

Os Megatoxos e os Templarios da Luz (2)


Xa queda menos!! Lamento facer agardar tanto aos seguidores dos Megatoxos. No mes de outubro teredes nas librerías a terceira parte da saga, con importantes novidades para os personaxes principais!


Ya queda menos!! Lamento que los seguidores de la saga de los Megatoxos tuvieseis que esperar tanto. Pero ya están aquí! En el mes de octubre en las librerías! Ah, y con importantes novedades para los personajes principales.

3/8/09

No castelo de Marbel 1



Ilustracións para un conto de Bernardino Graña.

Ilustraciones para un cuento de Bernardino Graña.

3/2/09

Salón del libro 2009






Preme na imaxe para vela máis grande. Click en la imagen para ampliar


Outro ano volvo ao Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Estou por partida tripla: os meus libros no espazo de lectura, impartindo obradoiros de ilustración e cun mural (impreso en plotter). Déixovos con partes do proceso.
Vémonos entre os libros!
Otro año vuelvo al Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra. Estoy por partida triple: mis libros en el espacio de lectura, impartiendo talleres de ilustración y con un mural (impreso en plotter). Os dejo la secuencia del proceso.
Nos vemos entre los libros.

Pelelliños en Japón


Los niños japoneses también leen a los Pelelliños. :) (fijaos en la mano de la niña con el bolso naranja) 
Os cativos xaponeses tamén len aos Pelelliños. :) (fixádevos na man da nena co bolso laranxa)

15/1/09

Xan Loureiro



Cambio de rexistro para as ilustracións dun libro que se titula así, Xan Loureiro. Aínda que ultimamente só debuxo os libros dos que son o autor, de vez en cando fago excepcións, sobre todo en libros moi diferentes ao que adoito escribir.
Cambio de registro para las ilustraciones de un libro que se titula así, Xan Loureiro. Aunque últimamente solo dibujo los libros de los que soy autor, de vez en cuando hago excepciones, sobre todo en libros muy diferentes a lo que suelo escribir.

15/12/08

Ausencias

Aínda que non o pareza, sigo vivo. A miña ausencia por este lugar dixital débese a sete razóns de peso.


Razón nº1: viaxe a Xapón. Alí, ademais de gozar de paisaxes e templos puiden descubrir que tamén hai PELELLIÑOS! incluso se deixaron fotografar :)
Razón nº 2: cambio de casa, e polo tanto de estudo. Nin vos podedes facer a idea da morea de libros, cómics e trebellos que podes chegar a xuntar...
Razón nº 3: internet. Ou máis ben a ausencia dela, co cambio de domicilio estou desconectado e soamente me podo conectar cando vou tomar café.
Razón nº 4: a campaña “Graffiti e letras”. Creo que xa contei algo dela en post anteriores. Resumindo, estou percorrendo toda Galiza con obradoiros en cidades e vilas.
Razón nº 5: conferencias na E.S.O. Empezou o curso e para min comezou a tempada de conferencias e visitas aos centros de estudo.
Razón nº 6: Conferencia para unhas xornadas sobre oralidade galega.
Razón nº 7: traballo, traballo, traballo. De deseño, de ilustración (xa vos contarei)...
Aunque no lo parezca, sigo vivo. Mi ausencia por el blog se debe a siete razones de peso.
Razón nº1: viaje a Japón. Allí, además de disfrutar de paisajes y templos pude descubrir que también hay PELELLIÑOS! incluso se dejaron fotografiar :)Razón nº 2: cambio de casa, y por lo tanto de estudio. Ni os podéis hacer la idea del montón de libros, cómics y cacharros de diversa índole que puedes llegar a juntar...Razón nº 3: internet. O más bien la ausencia de ella, con el cambio de domicilio estoy desconectado y solamente me puedo conectar cuándo voy a tomar café.Razón nº 4: la campaña "Graffiti y letras". Creo que ya conté algo de ella en post anteriores. Pero en resumen, estoy recorriendo Galicia realizando talleres y pintando murales.Razón nº 5: conferencias en la E.S.O. Empezó el curso y para mí comenzó la temporada de conferencias y visitas a los centros de estudio.Razón nº 6: Conferencia para unas jornadas sobre oralidad gallega.Razón nº 7: trabajo, trabajo, trabajo. De diseño, de ilustración (ya os contaré)............

3/11/08

A MONSTROESCOLA


Ola a todos, despois de moitos días sen actualizar xa estou de novo na brecha. Teño moitas novidades así que irei subindo unha por unha. A primeira é a presentación do proxecto do que xa falei en post anteriores: A MONSTROESCOLA. Un libro indicado para nenos e nenas de 8 a 100 anos :) Moitos debuxos e risas aseguradas.

Hola a todos, ya estoy aquí de nuevo después de muchos días sin actualizar. Tengo muchas novedades así que iré subiendo una por una. La primera es la presentación del proyecto que os comentaba: A MONSTROESCOLA. Un libro indicado para niños e niñas de 8 a 100 años :). Muchos dibujos y risas aseguradas.
Este é o poster do libro. Este es el poster del libro.


17/9/08

Póster Megatoxos 2


Preme na imaxe para vela máis grande. E aquí o "como se fixo" do póster.

Pulsa en la imagen para verla más grande. Y aquí el "como se hizo" del póster.

25/8/08

Próximamente...

Xa está na imprenta. Nuns días saberemos un pouco máis deste novo proxecto.

Ya está en la imprenta. En unos días tendréis más información de este nuevo proyecto.

8/8/08

Feria del libro A Coruña.

Los días 6 y 7 de agosto estuve en la feria del libro de A Coruña con un taller de ilustración. Por un despiste me olvidé de subir la noticia unos días antes del evento (perdón por el error). Prometo estar más atento, pero como estoy con los últimos retoques de mi próximo libro, tengo la cabeza en las nubes. Ya iré posteando algunas cosas sobre el en los próximos días.


Os días 6 e 7 de agosto estiven na feira do libro da Coruña cun obradoiro de ilustración. Por un descoido esquecín subir a noticia uns días antes do evento (perdón polo erro). Prometo estar máis atento, pero como estou cos últimos retoques do próximo libro, teño a cabeza nas nubes. Nestes días irei posteando algunhas cousas sobre el.

24/6/08

Promoción de la lectura

Tras muchos días sin actualizar demasiado, aquí estoy. Muchos proyectos en marcha y sobre todo muchos viajes me han tenido apartado del blog.
Un actividad que me ha tenido muy ocupado hasta junio es una campaña de promoción de la lectura. Es algo de lo que no he hablado en el blog, pero que llevo realizándolo unos 3 años. La campaña se llama "Creando personajes con Anxo Fariña" de mano del Consorcio Editorial Galego y con ella he visitado unos 120 centros de enseñanza, (desde infantil a secundaria)... Ya iré contando más acerca del tema.

Mientras tanto, un avance de uno de los proyectos en los que he estado trabajando (más Cuadernos de viaje). Un dibujo de una leyenda de los Ancares, la mujer cierva.

Tras moitos días sen actualizar demasiado, aquí estou. Moitos proxectos en marcha e sobre todo moitas viaxes tivéronme apartado do blog.
Un actividade que me tivo moi ocupado ata xuño é unha campaña de promoción da lectura. É algo do que non falei no blog, pero que levo realizándoo uns 3 anos. A campaña chámase "Creando personaxes con Anxo Fariña" de man do Consorcio Editorial Galego e con ela visitei uns 120 centros de ensino, (desde infantil a secundaria)... Xa irei contando máis sobre o tema.

Mentres tanto, un avance dun dos proxectos nos que estiven traballando (máis Cadernos de viaxe). Un debuxo dunha lenda dos Ancares, a muller cerva.

10/6/08

Palabras vs Graffiti

Durante los meses de Mayo-Junio estuve desarrollando unos talleres en el Museo Verbum de Vigo para chicos de 9 a 12 años. En ellos se dibujábamos con palabras... y escribíamos con dibujos.

Durante os meses de Maio-Xuño estiven desenvolvendo no Museo Verbum de Vigo unha serie de obradoiros para nenos de 8 a 12 anos. Neles aprendían a debuxar con palabras... e a escribir con debuxos.


28/4/08

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Xa podes mercar na túa libraría, a segunda parte do libro Os Megatoxos, titulado: Os Megatoxos e a espada esmeralda. Como sempre son o autor tanto do texto como das ilustracións.
E para os que non poden agardar, poden descargar un dos primeiros capítulos do libro de balde neste enlace:
Preme aquí
Neste outro enlace unha nova sobre a publicación:
Nova
Xa me contaredes que vos parece.
Apertas!!!

Ya está en las librerías el segundo libro de Os Megatoxos: Os Megatoxos e a espada esmeralda. Escrito en gallego, soy el autor tanto del texto como de las ilustraciones.
Podéis descargar un capítulo gratis desde este enlace:
Capítulo
Y aquí una noticia sobre la publicación.
NOTICIA
Un saludo!!!

WWW.MEGATOXOS.COM

1/3/08

O ladrón de palabras

A portada do libro.

Xa está aquí o último libro no que estiven traballando: "O ladrón de palabras". Neste conto as palabras vóvense físicas e descubriremos que teñen moita forza, e que con elas pódese facer o ben (bicicletas) ou o mal (bombas como na entrada anterior a esta). Depende da eleción da xente.

Ya está aquí mi último libro: "O ladrón de palabras". En este cuento las palabras se vuelven corpóreas y descubriremos que tiene mucha fuerza, y que con ellas se pude hacer el bien o el mal, depende de la elección de la gente.

8/2/08

O ladrón de palabras






Dentro de pouco máis de este libro que estiven rematando e xa está na imprenta.

Dentro de poco más sobre este libro en el que estuve trabajando y ya está en imprenta.

6/2/08

Salón do Libro en Pontevedra II

Algunas fotos del Salón del Libro Infantil y juvenil de Pontevedra. No posteo imágenes de los talleres, ya que en esos momentos no puedo sacar la cámara ;) Con todos los niños pendientes de mi.

Algunhas fotos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Non posteo imaxes dos obradoiros, xa que neses momentos non podo sacar a cámara ;) Con todos os nenos pendentes de min.